Os teus datos

Queremos que saibas que datos recompilamos e utilizamos

Cando usas servizos de Google, confíasnos os teus datos. É o noso deber explicar claramente o que recompilamos e como o utilizamos para que os nosos servizos funcionen mellor para ti.

Estes son os tres tipos de datos principais que recompilamos:

O que fas

Cando utilizas os nosos servizos (por exemplo, cando fas unha busca en Google, obtés indicacións en Google Maps ou ves un vídeo en YouTube) recompilamos datos que nos axudan a mellorar os nosos servizos para ti. Dentro desta información poden incluírse:

  • O contido que buscas
  • Os sitios web que consultas
  • Os vídeos que visualizas
  • Os anuncios nos que fas clic ou tocas
  • A túa localización
  • A información do dispositivo
  • O enderezo IP e os datos das cookies

O contido que creas

Se iniciaches sesión coa túa conta de Google, almacenaremos e protexeremos o contido que crees a través dos nosos servizos. Dentro desta información poden incluírse:

  • Os correos electrónicos que envías e recibes en Gmail
  • Os contactos que engades
  • Os eventos do calendario
  • As fotos e vídeos que cargas
  • Documentos, Follas de cálculo e Presentacións en Drive

As cousas que te caracterizan

Cando te rexistras para obter unha conta de Google, conservamos a información básica que nos forneces. Dentro desta información pode incluírse o seguinte:

  • Nome
  • Enderezo de correo electrónico e contrasinal
  • Data de nacemento
  • Sexo
  • Número de teléfono
  • País
Google Maps nun smartphone

Como che mostra Google Maps lugares máis rápido

Cando utilizas a aplicación Google Maps, o teu teléfono envíalle paquetes de datos anónimos sobre a túa localización a Google. Estes datos e os das persoas que te rodean utilízanse para detectar padróns de tráfico. Por exemplo, Maps pode detectar que hai moitos vehículos avanzando lentamente na mesma rúa e avisarte de que hai retencións. Cando Maps te avisa dun accidente e te leva por unha ruta máis rápida, faino grazas aos datos dos demais condutores.

Barra da Busca de Google con completado automático

Como completa Google as túas buscas

Sabes cando buscas algo e o escribes incorrectamente e, dalgunha maneira, Google sabe o que querías dicir de todos modos? O noso modelo de corrección ortográfica utiliza os datos das persoas que cometeron o mesmo erro e corríxeo para ti. Por iso sabemos que se escribes "Barsalona", probablemente querías escribir "Barcelona".

O teu historial de busca tamén axuda a Google a completar automaticamente as túas buscas. Se buscaches "voos a Barcelona" previamente, é posible que suxiramos este contido na caixa de busca antes de que acabes de escribilo. Ou ben, se es fan do club de fútbol e buscas con frecuencia “goles do Barcelona”, é posible que cho suxiramos directamente.

Pestana de Chrome cun formulario completado automaticamente

Como completa Chrome formularios por ti

Cada vez que compras algo ou te rexistras para crear unha conta online, invistes tempo para completar formularios coa túa información persoal. Cando utilizas Chrome, podemos gardar datos como o teu nome, enderezo, número de teléfono, enderezo de correo electrónico e información de pago para completar automaticamente estes formularios. Sempre podes editar campos específicos do completado automático ou desactivar esta opción.

Barra da Busca de Google cunha foto de perfil e un botón de resultados privados

Como che axuda a Busca de Google a encontrar a túa propia información

A Busca de Google pode obter información útil de Gmail, Google Fotos, Calendar e moito máis para mostrarcha nos teus resultados da busca privados e evitar que teñas que buscala ti. Só tes que buscar algo como "a miña cita do dentista", "móstrame as miñas fotos da praia" ou "onde está a miña reserva de hotel?". Sempre e cando iniciases sesión, recuperaremos esta información procedente doutros servizos de Google e mostrarémoscha.

Globos de chat entre un usuario e o Asistente de Google

Como pode axudarche o Asistente de Google a facer as cousas

Esteas onde esteas, mesmo na casa, o Asistente sempre está preparado para axudarche. Cando lle fagas unha pregunta ao Asistente ou lle digas o que ten que facer, este utilizará os datos doutros servizos de Google para proporcionarche o que necesites. Por exemplo, se preguntas "Que cafeterías hai cerca?” ou "Vai chover mañá?", o Asistente utilizará a información de Maps e da Busca de Google, así como a túa localización e os teus intereses e preferencias para ofrecerche a resposta máis pertinente. Sempre podes acceder á ferramenta A miña actividade para ver ou eliminar os datos que se recompilan das interaccións co Asistente.

Controla a túa experiencia en Google

Estas son algunhas das ferramentas que podes utilizar en calquera momento para xestionar a túa privacidade.

Navegador no que se mostra A miña conta

Controla a configuración de privacidade en A miña conta

Tanto se tes unha conta de Google como se non, ti decides o tipo de datos que poden mellorar os servizos de Google para ti. A miña conta ofréceche un acceso rápido a ferramentas que che permiten xestionar a túa información persoal e protexer a túa privacidade.

Buscas anteriores nunha ventá de Chrome

Consulta que datos hai na túa conta en A miña actividade

En A miña actividade podes encontrar todo o que buscaches e visualizaches nos nosos servizos. Para que che resulte máis fácil revisar a túa actividade online anterior, proporcionámosche ferramentas para buscar por tema, data e produto. Podes eliminar de forma permanente actividades concretas ou temas enteiros que non queiras que se asocien á túa conta.

Icona do modo de incógnito de Chrome

Navega pola web en privado co modo de incógnito

O teu historial web pode facer que os resultados da busca sexan máis útiles, pero é posible que ás veces prefiras navegar en privado. Por exemplo, se compartes un ordenador coa túa parella, seguramente non queiras que o historial de navegación estrague a sorpresa do agasallo de aniversario que buscas. Nestes casos, abre unha ventá do modo de incógnito no teu ordenador ou dispositivo móbil para evitar que Google Chrome garde o teu historial de navegación.