Toma o control

Podes controlar a túa privacidade

Utilizamos os datos para facer que os nosos servizos sexan o máis útiles posible, pero podes escoller os tipos de datos que recompilamos e utilizamos. Creamos A miña conta para proporcionarche un acceso rápido a ferramentas fáciles de utilizar que che permiten xestionar a túa privacidade e a túa seguranza. Podes utilizar as seguintes opcións e decidir que datos se poden utilizar para que os servizos de Google funcionen mellor para ti.

Ir a A miña conta

Configura a túa privacidade con Comprobación de privacidade

En cuestión de minutos, podes xestionar os tipos de datos que queres que recompile Google, escoller que información persoal compartes cos teus amigos e axustar os tipos de anuncios que queres que che amose Google. Podes cambiar esta configuración tantas veces como queiras.

Realizar a Comprobación de privacidade

Protexe a túa conta con Comprobación de seguranza

O primeiro que podes facer para protexer a túa conta de Google é levar a cabo a Comprobación de seguranza. O seu obxectivo é axudarche a verificar que a túa información de recuperación está actualizada e que os sitios web, aplicacións e dispositivos conectados á túa conta continúan sendo os que utilizas e nos que confías. Se algo ten aspecto sospeitoso, podes cambiar a configuración ou o contrasinal de inmediato. A Comprobación de seguranza tarda tan só uns minutos en completarse e podes realizala tantas veces como queiras.

Realizar a Comprobación de seguranza

Decide que datos se asocian á túa conta

Os datos que almacenamos coa túa conta poden facer que os servizos de Google che resulten máis útiles, xa que nos permiten proporcionarche desde mellores opcións para os percorridos diarios en Maps ata resultados da Busca máis rápidos. Con Controis de actividade, podes decidir que se asocia á túa conta e pausar a recompilación de tipos específicos de datos, como as buscas, a actividade de navegación, os lugares aos que vas e a información dos teus dispositivos.

Ir a Controis de actividade

Controla os anuncios segundo as túas preferencias

En Configuración de anuncios, podes controlar os anuncios segundo os temas que che interesen. Por exemplo, se utilizas a opción de configuración Personalización de anuncios para indicarlle a Google que che gusta a música pop, é posible que se che mostren anuncios dos próximos lanzamentos e concertos que terán lugar nas proximidades ao iniciar sesión en YouTube.

Se desactivas a función Personalización de anuncios tras iniciar sesión, deixaremos de mostrarche anuncios relacionados cos teus intereses nos servizos de Google, así como nos sitios web e nas aplicacións que se asocian connosco. En cambio, se non tes a sesión iniciada, a desactivación da Personalización de anuncios só afecta aos servizos de Google nos que se mostran anuncios.

Ir a Configuración de anuncios

Consulta que datos hai na túa conta en A miña actividade

En A miña actividade podes encontrar o que buscaches e visualizaches nos nosos servizos. Para que che resulte máis fácil revisar a túa actividade online anterior, proporcionámosche ferramentas para buscar por tema, data e produto. Podes eliminar de forma permanente actividades concretas ou temas enteiros que non queiras que se asocien á túa conta.

Ir a A miña conta

Revisar a información básica da túa conta

Controla que información persoal compartes nos servizos de Google, como o nome, o enderezo de correo electrónico e o número de teléfono.

Revisar a túa información persoal

Leva o teu contido onde queiras con Descargar os teus datos

As túas fotos, os teus correos electrónicos, os teus contactos e incluso os teus marcadores: ti tes o control do contido almacenado na túa conta de Google. Este é o motivo polo que creamos Descargar os teus datos, para que poidas realizar unha copia, efectuar unha copia de seguranza ou incluso enviar os datos a outro servizo.

Ir a Descargar os teus datos