Como funcionan os anuncios

Non vendemos a túa información persoal a ninguén

Gran parte do noso negocio consiste en mostrar anuncios, tanto nos servizos de Google como nos sitios web e nas aplicacións para móbiles que se asocian connosco. Grazas aos anuncios, os nosos servizos son gratuítos para todos. Utilizamos datos para mostrarche os anuncios, pero non vendemos información persoal, como o teu nome, o teu enderezo de correo electrónico ou a túa información de pago.

Utilizamos os datos para que os anuncios sexan máis relevantes

Para tentar mostrarche anuncios útiles, utilizamos os datos que recompilamos dos teus dispositivos, como as buscas, a localización, os sitios web que visitaches, as aplicacións que utilizaches, os vídeos e anuncios que visualizaches e a información persoal que nos proporcionaches (por exemplo, a túa idade, o teu sexo e os temas que che interesan).

Se iniciaches sesión, e dependendo das opcións que escollas na Configuración de anuncios, estes datos informan dos anuncios que ves nos teus dispositivos. Por exemplo, se consultas un sitio web de viaxes desde o ordenador do traballo, é posible que vexas anuncios de tarifas de voos a París no teu teléfono esa mesma noite.

Os anunciantes só pagan polos anuncios que visualizan ou tocan os usuarios

Cando os anunciantes publican campañas publicitarias connosco, págannos só en función do rendemento real dos anuncios, nunca pola túa información persoal. Por exemplo, pagan cada vez que alguén visualiza ou toca un anuncio, e tamén cando o usuario realiza unha acción tras visualizalo, como descargar unha aplicación ou completar un formulario de solicitude.

Mostrámoslles aos anunciantes o rendemento das súas campañas

Proporcionamos aos anunciantes datos acerca do rendemento dos seus anuncios, pero facémolo sen revelar a túa información persoal. Cando che mostramos anuncios, mantemos a privacidade da túa información persoal e protexémola en todo momento.

Como funcionan os anuncios nos servizos de Google e nos sitios dos socios

Utilizamos os datos para mostrarche anuncios que che resulten útiles tanto nos servizos de Google como nos sitios web e nas aplicacións para móbiles que se asocian connosco.

Bicis de varias cores nunha ventá do navegador

Como funcionan os anuncios da Busca

Cando utilices a Busca de Google, é posible que aparezan anuncios xunto aos resultados da busca ou enriba deles. Normalmente, selecciónanse en función da busca que realizaches e da túa localización. Se, por exemplo, buscas a palabra "bicis", é posible que vexas anuncios de bicicletas que se vendan cerca de ti.

Noutros casos, para mostrarche anuncios máis útiles, utilizamos outros datos, como as buscas que fixeches anteriormente ou os sitios que visitaches. Se anteriormente buscaches "bicis" e agora buscas "vacacións", é posible que se che mostren anuncios de busca de lugares ideais para andar en bicicleta durante as vacacións.

Anuncios de Google en Gmail destacados en amarelo

Como funcionan os anuncios de YouTube

Cando visualizas vídeos en YouTube, é posible que se reproduzan anuncios previamente ou na páxina do vídeo. Estes están baseados nos vídeos que viches e noutros datos, como as buscas actuais e recentes que fixeches en YouTube.

Por exemplo, se buscas "consellos de moda" ou visualizas vídeos sobre beleza, é posible que se mostre un anuncio sobre un nova serie sobre beleza. Estes anuncios axudan a apoiar os creadores dos vídeos que visualizas.

Podes omitir moitos anuncios de YouTube se non queres visualizalos.

Vídeo de YouTube sobre unha muller feliz inclúe un anuncio emerxente sobre lentes de sol de moda

Como funcionan os anuncios de Gmail

Os anuncios que se mostran en Gmail baséanse en datos como as palabras clave das mensaxes da túa caixa de entrada. Este proceso é totalmente automático; ninguén le os teus correos electrónicos para mostrarche anuncios.

Por exemplo, se recentemente recibiches moitas mensaxes acerca de fotografía e cámaras, é posible que visualices unha oferta dunha tenda de cámaras local.

Navegador cunha foto de perfil inclúe un anuncio dun bolso verde que ten moito estilo

Como funcionan os anuncios nos sitios dos socios de Google

Moitos sitios web e aplicacións para móbiles asócianse connosco para mostrar anuncios. Os anunciantes deciden mostrar os seus anuncios a certos usuarios segundo a información persoal que estes comparten connosco e os datos que recompilamos sobre a súa actividade online; por exemplo, "homes de entre 25 e 34 anos interesados en viaxar".

É posible que tamén che mostremos anuncios baseados nos sitios que consultaches anteriormente. Por exemplo, se engadiches uns zapatos vermellos á cesta da compra online e decidiches non compralos, poida que che mostremos un anuncio deles. Non obstante, facémolo sen revelar información persoal, como o teu nome, o teu enderezo de correo electrónico ou a túa información de facturación.

Controla a túa experiencia de anuncios de Google

Proporcionámosche ferramentas para controlar os tipos de anuncios que se che mostran tanto se inicias sesión como se non.

Tableta que inclúe Configuración de anuncios e na que se ve un anuncio de lentes de sol

Controla os anuncios segundo as túas preferencias

En Configuración de anuncios podes controlar os anuncios segundo os temas que che interesen. Por exemplo, se utilizas a opción de configuración Personalización de anuncios para indicarlle a Google que che gusta a música pop, é posible que se che mostren anuncios dos próximos lanzamentos e concertos que terán lugar nas proximidades ao iniciar sesión en YouTube.

Se desactivas a función Personalización de anuncios tras iniciar sesión, deixaremos de mostrarche anuncios relacionados cos teus intereses nos servizos de Google, así como nos sitios web e nas aplicacións que se asocian connosco. En cambio, se non tes a sesión iniciada, a desactivación da Personalización de anuncios só afecta aos servizos de Google nos que se mostran anuncios.

Anuncio de Google dun coche verde cun botón para silenciar na parte superior

Elimina os anuncios que non queiras ver

Podes utilizar a opción Desactivar este anuncio en moitos dos anuncios que mostramos nos sitios web e nas aplicacións dos nosos socios. Ao seleccionar o X da esquina do anuncio, podes eliminar anuncios que xa non consideres relevantes.

Por exemplo, é posible que os anuncios de coches che resultasen útiles mentres estabas buscando un coche novo, pero en canto o compras, é probable que non queiras ver máis anuncios de Google do coche que acabas de comprar.

Se iniciaches sesión, e dependendo das opcións que escollas na Configuración de anuncios, este control afectará aos sitios web e ás aplicacións que se asocian connosco cando os utilices desde os dispositivos nos que iniciaches sesión.

Tamén podes bloquear anuncios sen iniciar sesión utilizando a opción Bloquear este anunciante nos servizos de Google nos que se mostran anuncios.

Anuncio de lentes de sol cun botón de información na parte superior dereita

Descubre os datos que utilizamos para mostrarche anuncios

Queremos axudarche a comprender mellor os datos que se utilizan para mostrarche anuncios. Podes facer clic en Por que aparece este anuncio? para obter máis información sobre por que se che amosa determinado anuncio. Por exemplo, é posible que se che mostre un anuncio dun vestido se consultaches sitios web sobre moda. Tamén se che pode mostrar, debido á túa localización, un anuncio dun restaurante que che pode interesar. Este tipo de datos permítenos mostrarche anuncios que poidan resultarche útiles. Iso si, recorda que nunca compartimos estes datos cos anunciantes.